top of page

A NOSA EMPRESA

A Vaira Conservas nace cun obxectivo concreto e co empeño e tesón dos seus creadores de acadalo.

 

En mente, sóbrannos proxectos e ilusión para levalo a cabo.

 

A Vaira Conservas, galega de nacemento, elabora produtos de orixe galega; mestura de interior e costa.

 

Preparamos os nosos produtos de maneira artesanal, seleccionamos os ingredientes coidadosamente e queremos ofrecer un produto co que nos sentimos satisfeitos. 

A Vaira é un lugar situado á beira do río Támega ao seu paso por Mandín, no municipio de Verín, na provincia de Ourense.

 

Lugar de cultivos de regadío, e de recreo para os nenos, converteuse na nosa referencia polo recordo dun tempo en que o contacto coa auga era sinónimo de vitalidade e ansia de emprender.

Pode ver fotos no seguinte enlace!

Suxestións

LOMBOS DE BACALLAU CON ALGAS, en aceite de oliva.

 

O noso produto orixinal, lombos de bacallau con algas ecolóxicas tipo wakame, bañados en aceite de oliva.

 

Área de negocio

 

A nosa pretensión é a degustación das nosas conservas nas mellores condicións.

Para o que poñemos especial coidado no transporte dos nosos produtos. 

Quen somos

 

A Vaira Conservas é un negocio familiar que nace coa idea de innovar ofrecendo  produtos naturais elaborados de forma artesanal.

bottom of page