top of page

XXVI Feira de Fungos e Cogomelos

Este domingo, día 1 de novembro, celebrouse a XXVI Feira de Fungos e Cogomelos en As Pontes de García Rodríguez; á que tivemos a sorte e o pracer de ser invitados.

Fíxose notar a capacidade de organizar, pois, dentro da nosa escasa experiencia, apreciamos ao coidado á hora de situar o emprazamento para os diversos sectores que acudimos a ofrecer os nosos productos/servizos.

Nós compartimos espazo, gustosos, con outras empresas de alimentación: Caurelor, Mar de Ardora, Carabuñas, ...

E resultou un día proveitoso! Atopamos compañeiros de abatares, coñecemos outros, e sorprendeunos o interese que despertan neste concello os fungos e cogomelos; organízase un concurso/exposición destes produtos e pareceunos admirable a paciencia e o interese co que preparan os participantes os seus traballos. Pódese apreciar nas fotografías que tomamos.

Entre os participantes á feira tamén acudiron varios artesáns, entre eles unha fiandeira coa roca, o fuso e outros utensilios tradicionais. Tamén se pode apreciar na fotografía.

Un agricultor vendía os produtos da súa horta, cebolas, allos, xudías e unhas noces enormes que nos sorprenderon polo seu tamaño, pero aínda máis o utensilio que empregou para pesalas, unha romana!

Regresamos moi satisfeitos da acollida das nosas conservas!!

Destacado
Historial
No hay tags aún.
Séguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Social Icon
bottom of page